O Santo Domingo vence ao Xixón Basquet

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

Por 97 a 90, o Santo Domingo conquistou a primeira vitoria da tempada, ademais ante a súa afección, contra uns dos rivais máis potentes do grupo AB da liga EBA. Presentábase un partido complicado, que os de casa tras 2 derrotas querían gañar custase o que custase e os de Xixón igualmente para manter o marcador invicto.

A primeira parte era moi igualada, pero ao final do primeiro cuarto o equipo de Asturias conseguía distanciarse por 8 puntos no marcador (19-27), marcador que non reflectía a igualdade que se demostraba en pista. O segundo cuarto volvía ser moi igualado, pero esta vez era o equipo local o que se levaba o parcial por 6 puntos de diferenza e conseguía reducir a distancia a tan só 2 puntos para irse aos vestuarios (47-49).

Traso paso polos vestuarios a defensa do Santo Domingo mellora e en campo ofensivo anótase con certa comodidade, de novo este terceiro cuarto levábanllo os de casa pola mesma cantidade de puntos que no anterior e íanse 4 arriba para afrontar os 10 últimos minutos de partido. É na parte inicial deste último cuarto onde o marcador distanciábase para que os locais conseguisen máis de medio triunfo. Nestes primeiros minutos do 4º periodo o Santo Domingoconseguía poñerse 18 arriba (90-72), pero uns malos minutos finais permitían aos de Xixón reducir a distancia aos 7 puntos de diferenza finais (97-90).

A vindeira fin de semana o equipo viaxa a León para enfrontarse a ULE Iriego? Basket León o domingo 4 ás 18.30.