O Santo Domingo presentou a Ivan Villaverde Cores como novo adestrador

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

O pasado sábado, durante o 3×3 de finalización do campus, o Santo Domingo presentou ao que será o seu novo adestrador na vindeira campaña, van Villaverde Cores. No transcurso do acto tamén se fixo a presentación da nova roupa de paseo e adestramento do Santo Domingo para o cuatrienio 2018-2022, da man de TodoDeporte e Adidas.

Ivan Villaverde Cores ata hai pouco era o adestrador de Carballo Basket e Artai. Desde o clube salientan que, malia a súa mocidade, conta cunha dilatada experiencia de 12 anos no Centro Artai, compaxinando nos últimos 4 anos a súa actividade como formador no centro bergantiñán a súa actividade como adestrador senior do primeiro equipo de Carballo Basket Xiria, como axudante de Basilio Pampín nas campañas 2013-2014 e 2014-2015, e de Arturo Ferraces nas campañas 2015-2016 e 2016-2017, alcanzando a dirección do primeiro equipo en solitario na 2017-2018. Durante estes anos tamén formou parte do cadro técnico da Federación Galega de Baloncesto.

Adestrador Superior de Baloncesto desde a campaña 2014-2015, é sen dúbida una das figuras máis prometedoras do baloncesto galego, axuntando mocidade e preparación. Destacando sobre todo no seu faceta de formador de novos valores, ejemplifica a aposta do Santo Domingo pola formación, o talento local e a aposta pola mocidade.

No Santo Domingo compaxinará o seu traballo no EBA coa dirección técnica dun equipo de categorías inferiores e a colaboración estreita cos adestradores novos do Club, así como nas sesións de mellora individual dos novos valores do Santo.