O Santo Domingo non pode en Chantada e cede a Copa

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

O Santo Domingo non puido conquistar a súa terceira copa consecutiva e caeu por 62-54 ante o Chantada.  Entraron máis metidos no partido os betanceiros, que conseguían as primeiras vantaxes no marcador grazas ao dominio baixo taboleiros. Atopando boas opcións de tiro, os locais conseguiron a máxima diferenza do cuarto cun triplo sobre a bocina para o 16-9 final.

No segundo cuarto o partido atragantóuselles aos brancos, malia anotar a primeira canastra do cuarto o partido empeza atropelarse e a maior experiencia dos de Chantada failles moverse mellor nesa situación, ata darlle a volta ao marcador 26-28 ao paso por vestuarios. Con maior oficio e o peso do xogo en mans dos exteriores, os organizadores da final seguen abrindo diferenzas no terceiro parcial.

E último cuarto onde os de Betanzos pelexan con máis corazón que cabeza, sen baixar os brazos en ningún momento vían con desesperación como non conseguían achegarse no marcador a un Chantada que xogou mellor os minutos finais, convertíndose no xusto gañador da final.