O Santo Domingo mudará de entrenador tras o adeus de Diego Fernández

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

Coa mellor clasificación en competición oficial da súa historia recén conquistada, o Santo Domingo dirá adeus ao que foi o seu entrenador nas últimas dúas tempadas. Diego Fernández anunciaba a través da súa conta de twitter que “Tras dos temporadas, he decidido no continuar en el Santo Domingo. Muchas gracias a la directiva por confiar en mí, al resto de entrenadores del club, a nuestra gran afición y en especial a mis jugadores y cuerpo técnico. Ha sido un placer compartir estos años con vosotros!!”

O preparador estivo este último mes entrenando tamén ás féminas, tras o final de campaña do primeiro equipo. Entre os xogadores do primeiro equipo, do persoal da entidade e integrantes de categorías inferiores e afección brotaron na rede social do paxariño azul palabras de agradecemento para un entrenador que, de momento, di que “de momento toca esperar”.