O Santo Domingo inicia a tempada cunha victoria en Culleredo

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

O Santo Domingo impúxose ao CB Culleredo por 58 -67 no inicio da tempada no primeiro encontro da Copa Galicia EBA. O encontro arrincou cun marcador moi axustado nos 5 primeiros minutos. O equipo de casa mantíñase arriba por un punto, vantaxe que pronto remontaron os betanceiros, conseguindo irse ao final do 1er cuarto cunha vantaxe de 9 puntos (10-19).

No segundo cuarto o marcador estirábase con grandes porcentaxes nos tiros do equipo visitante, complicándolle anotar aos xogadores rivais. Neste cuarto o marcador chegou a reflectir un 15-30, pero unha racha de 8 puntos seguidos de Culleredo e un triplo que non subiu ao marcador brigantino por estar fóra de tempo, levaba o marcador cun axustado 25-31 ao descanso.

Tralo paso polos vestuarios o partido segue moi disputado e é no último cuarto onde o Santo DOmingo saca a vantaxe e se despega no marcador, chegando a facer un parcial de 13 puntos consecutivos, parcial que lles fixo conseguir a vantaxe final e o resultado de 58-67 co que o equipo suma a súa primeira vitoria.

A próxima fin de semana o equipo viaxará a Narón, para enfrontarse a Baloncesto Narón na segunda xornada de Copa.