O Santo Domingo incorpora ao á-pívot galaico-neocelandés Matt Wilson

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

Tras anunciar a incorporación do seu novo adestrador, Iván Villaverde, fai poucas datas, o Santo Domingo anuncia o regreso ao Club de Matt Wilson. Matt, (Hastings, NZ, 08/09/1992) neto de emigrantes galegos en Nova Zelanda, xa xogou no Santo Domingo durante as súas vacacións na tempada 2008-2009, onde compaxinou adestramentos co equipo junior e senior do Club, chegando a disputar varios torneos amistosos.

Agora, a súa familia decidiu retornar a Galicia e en concreto a unha poboación moi próxima a Betanzos, circunstancia que permite que Matt volva a España e volva vestir a camiseta do Santo Domingo. Desde aquela o galaico-neocelandés volveuse un poderoso á pivot de 2 metros e 115 quilos de peso, que atesoura xa unha grande experiencia internacional nestes anos en terras austrais, tras participar na NZNBL 1 (Liga Nacional Neozelandesa) nas filas do Hawkes Bay Hawks desde 2011 a 2014. Viaxaría despois a Europa, onde xogaría na liga Británica no Nottingham Hoods durante a 2014-2015.

Probou sorte máis tarde na liga Australiana enrolado no Keilor Thunder da Division 1 da Big V na 2015-2016, onde permancería ata a tempada pasada, onde xogaría en Hawthorn Magic State Champ da mesma primeira divisón Australiana. Durante este tempo, Matt foi internacional Sub20 pola selección do país dos kiwis e estivo preseleccionado coa absoluta en varias ocasións.