O Santo Domingo feminino recibe un duro correctivo en Santiago

Un encontro do Santo Domingo feminino

O equipo senior feminino do Santo Domingo recibiu un duro correctivo en Compostela esta fin de semana, onde caeu por 81-41 ante o Compañia de María. O conxunto picheleiro tan só suma unha derrota no que vai de competición.

O primeiro cuarto marcaría o partido, unha mala defensa ao poste concedía moitas canastras e as locais íanse con 31 puntos no primeiro tempo. O segundo cuarto sería algo completamente distinto, cunha gran defensa e un ataque certeiro, as betanceiras conseguían recortar diferenzas e marchar ao descanso 20 abaixo.

Terceiro e cuarto tempo serían un mero trámite para Compañía, cun banquiño mermado polas baixas de Laura, Lorena, Sara e Clara, ao conxunto visitante quedoulle resistir.