O Santo Domingo completa o seu cadro técnico con Jaume Canaves e José Ríos

Un encontro do Santo Domingo feminino

José Ríos e Jaume Canaves acaban de reforzar o plantel técnico do Santo Domingo. Canaves asume a dirección do equipo de segunda división senior autonómica e equipo de respaldo do EBA, onde os mozos traballan durante a transición ao primeiro equipo. Mallorquín do 86, foi xogador durante 20 anos na súa illa natal e en Galicia (CB Alcudia, CB Eu Moll, Maristas Coruña, CB Montrove, CB Trebons) e leva máis de 13 como adestrador.

Esta será a súa décima tempada no noso país. “Sobradamente preparado, atesoura as titulacións de INEF, Técnico en Actividades Físicas e Animación Deportiva e Máster en Profesorado” enfatiza o clube. Tamén posúe a titulación en nivel II federativo, que lle permite adestrar na categoría.

Pola súa banda, o coruñés José Ríos, que fora xogador nas categorías inferiores de Adfro e Bca, ademais de auxiliar de mesa e árbitro da FEGABA durante 5 tempadas pasará a facerse cargo da dirección das mozas do senior.