O Santo Domingo cae en León por 67-53

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

Partido disputado en León a tarde do domingo ante escaso público, no que o ULE Iriego Basket León se impuxo ao Santo Domingo de Betanzos por 67-53. Ambos conxuntos entraban con pouco acerto ao parquet. Os locais aproveitábanse do seu 1×1 e a súa ameaza exterior para abrir o marcador no minuto 3, mentres os visitantes mantíñanse pegados atacando por dentro ao equipo leonés.

Fixeron máis méritos os de Betanzos para irse arriba ao marcador ao descanso, pero o pouco acerto cara o aro e erros graves provocaron que os locais marchásense un arriba a vestuarios cun pírrico 21-20. Outra cousa foi a segunda metade. Co partido discorrendo polo mesmo camiño os leoneses empezan a cargar o rebote coa súa liña exterior, anotando moito de segundas opcións (Laborda 12 rebotes ofensivos) e pechándose en defensa cortando a anotación visitante.

Non obstante os brancos non perden a cara ao partido en ningún momento e chegan aos últimos 3 minutos con opcións, tras poñerse a 5 cun triplo de Dani, pero dous triplos de Mateo Sánchez e Gabriel anotando 2 canastras consecutivas de aro a aro, acaban coas esperanzas dos Betanzos.