O Santo Domingo arrinca a tempada no Burgo desputando a Copa Galicia EBA

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

O vindeiro 16 de setembro, domingo, ás sete e media do serán, o Santo Domingo de baloncesto levantará oficialmente o pano á tempada 2018-19. Será no Burgo, desputando o primeiro partido da Copa Galicia. O rival, o conxunto local KFC Culle.

Os betanceiros aspiran a repetir o gran papel desempeñado na Copa Galicia a pasada tempada. O conxunto betanceiro proclamouse campión tras dous anos caendo na final ante o Narón. Agora aspiran a reter o trofeo.