O Santo Domingo anuncia a fichaxe de Xoel Folgueiras como entrenador axudante e responsable de infantís

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

O Santo DOmingo anunciou a través do seu web a incorporación de Xoel Folgueiras (Sarria, 16/12/1995) como axudante de Iván Villaverde e novo responsable do noso infantil masculino. “Xoel, malia a súa mocidade, chamou a atención da dirección deportiva do Clube polas súas extraordinarias referencias aportadas por adestradores galegos de primeiro nivel e polos seus bos resultados na formación de novos xogadores” explica na súa reseña a entidade.

Formado como xogador en Sarria, rapidamente pasou aos banquiños, na tempada 2010/2011, onde empezaría xa a obter bos resultados e chamaría a atención da dirección técnica da Federación Galega de Baloncesto que o incorporaría ao seu staff técnico como seleccionador.

“Xoel exemplifica a aposta do Clube polo talento e a mocidade tanto na pista como nos banquiños” aseguran desde a dirección da entidade.