O Rallie Rías Altas de clásicos desputarase o día 15 nas estradas da comarca

Un bus clásico no Campo. Automovil club Galicia.

O Rallie Rías Altas de vehículos clásicos deportivos percorrerá as estradas da comarca o vindeiro día 15. Coa organización do Moto Club Coruña Escudería Centollo e a colaboración de diversas entidades, entre elas o Concello de Betanzos, arrincará cun tramo circular de calibración polo paseo martítimo da Coruña, entre Durmideiras e San Antón, para logo botarse ás estradas.

Tamén Rallie de vehículos históricos

Os afeccionados aos vehículos con solera terán outra cita co Rallie Rías Altas de vehículos históricos. A proba celebrarase os días 5 e 6 de outubro. Incluirá tamén unha parada en Betanzos, para poder ver estas antigüidades sobre rodas circulando no entorno monumental do Campo.