A primeira Carreira das Empresas desenvolverase o 4 de novembro en Betanzos

Unha carreira ao seu paso pola Porta da Vila

A empresa No-Ko e La Voz de Galicia, coa colaboración do Concello de Betanzos, organizan para o vindeiro 4 de novembro a I Carreira das Empresas. A proba comezará ás once e media da mañá e terá un percorrido de 6 quilómetros, cun trazado que pasará por zonas como o Pasatempo, os peiraos fluviais e o Casco Histórico, con inicio e remate no Campo.

Teráun tempo máximo para cubrila de 1 hora e 15 minutos. Nela poderán participar empresas e autónomos, de xeito individual ou formando equipos, de catro compoñentes como máximo e traballadores da mesma empresa. O prezo da inscripción será de 10 euros por participante, ao que se lle entregará unha camisola conmemorativa do evento no momento de recoller o dorsal.

As inscripcións poderán realizarse en  Championchip Norte desde o martes ás doce da noite, retirando os dorsais o mesmo día da carreira na carpa habilitada na zona de saída entre as 9 e as 11 da mañá.