Os infantís do Santo Domingo caen na semifinal de copa

Un conxunto das categorías inferiores do Santo Domingo nun encontro

O equipo infantil masculino do Santo DOmingo, tras un mes sen competir situouse na final a catro da Copa Primavera, enfrontándose a un equipo que viña da fase de ascenso, cun persoal de segundo ano ao completo e cunha clara superioridade física sobre os mozos betanceiros. Lonxe de amedrentarse, o Santo Domingo saíu con bo ritmo, e aínda que tiña problemas para conter ao rival no xogo posicional, a agresividade nas liñas de pase permitían conseguir canastras fáciles. Pronto empezaría a marcar as primeiras diferenzas que chegaron a ser de 7 puntos ao seu favor, recortadas en último instante cunha canastra ao final do primeiro cuarto (17-22).

No segundo cuarto o conxunto betanceiro atoouse en ataque, curtou os pases de pasar o balón e querer resolver en situacións de 1×1 central ou tiros exteriores que escasamente entraban polo que aos poucos o rival foi recurtando a diferenza ata empatar ao descanso. Aveciñábase un pequeno nubarrón para a segunda parte coa terceira falta de Iago antes de finalizar o cuarto cun empate a 32.

Na reanudación o equipo rival axustou a unha defensa zonal 1-3-1, xerando numerosos contraataques grazas ao seu dominio do rebote e empezou a estirar a diferenza. Os betanceiros conseguían anotar en transicións rápidas especialmente desde a presión ao balón. Aínda así, a diferenza íase xa a 16 puntos (60-44) No último cuarto un parcial de 6-0 deixaba case noqueado ao Santo Domingo, que, con todo, sacou o seu orgullo e, deixándose a pel, conseguiu apertar lixeiramente o marcador, non tirando a toalla en ningún momento e obrigando ao seu rival a empregarse a fondo ata o final, cun marcador definitivo de 74-58.

Por parte do Santo participaron: Roberto, Brais (4), Roque (27), Fernando, Carlos, Iago (4), Luís (4), Luca (5), Kerling (12), Daniel, Antón (2) e Joel. Finaliza así a competición cun sabor agredoce, aínda que “hai que quedarse coa progresión dos mozos ao longo do ano e non tanto co resultado” segudno o clube.