O Troula golea ao Lugo FS

Un momento dun partido do Troula

O Lugo FS sufriu un duro correctivo na súa visita ao Carregal a pasada fin de semana. O Troula endosoulle un total de nove goles, cun recital que comezou apenas o árbitro deu o pitido de inicio. Aos dez minutos de xogo os lucenses marcaban o gol da honra, pero xa ían nese momento tres tantos por baixo no marcador.

O conxunto betanceiro foi moi superior ao lucense en todo momento e ampliou a diferenza ao 9-1 final. Co resultado os betanceiros suman 33 puntos e afiánzanse na sexta posición.