O Santo Domingo pon en marcha unha nova edición do Campus de Nadal

Un encontro do Santo Domingo feminino

Un ano máis, o Santo Domingo pon en marcha a súa campus solidario de Nadal. A actividade, dirixida a nenos e nenas nacidos entre 2005 e 2013, non ten custo algún. O unico que pide o clube é unha achega de 1kg e 1 l de alimentos non perecedeiros que entregará á beneficencia unha vez finalice o campus.

Os días 26, 27 e 28 de decembro en horario de mañá, de 9 a 2, nas instalacións do Vales Villamarín, desenvolverase o evento con basket, xogos, actividades, 3×3 e moitas sorpresas. Haberá un almorzo de media mañá e os adestradores do clube poñerán o seu esforzo e tempo de xeito altruísta nesta iniciativa para parsalo ben e axudar ao que máis o necesita.

Para poder participar é preciso entregar, no clube, nos centros escolares ou establecementos colaboradores o díptico debidamente cuberto. Para nenos de Sada ou Bergondo haberá bus.