O Santo Domingo cae por tres puntos en Santiago

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

Co resultado final de Instituto Rosalía de Castro 68-65 Santo Domingo Betanzos, o cionxunto betanceiro caeu na tarde do sábado ante un escaso número de asistentes, na mítica pista do Instituto Rosalía, de Santiago de Compostela.

Empezaron mellor os locais, que da man de Alfonso Mallo conseguían as primeiras vantaxes. Tardaron un par de minutos en anotar os visitantes, para entrar despois nun intercambio de canastras continuo no que ningunha das dúas defensas era capaz de parar ao ataque rival. 21-18 péchase o primeiro cuarto para os de casa.

Parecía seguir polo mesmo transcurso a segunda metade, ata que unha seca dos visitantes se xunta co momento de mais acerto de Rosalía, poñendo no marcador un 26-35 para dar a máxima vantaxe do partido aos locais. Tras tempo morto para os betanceiros, os vermellos recortan a diferenza a 4 ao paso por vestuarios.

O parcial seguía aberto no terceiro cuarto, e os de Betanzos conseguen poñerse 4 arriba logo dun 13-0 que Anxo Castro corta con Tempo Morto. Rosalía empeza nuevamente a facerse co ritmo do partido e aos poucos recorta ata chegar ao final do terceiro parcial 48 iguais.

E último cuarto onde os santiagueses están mellor en defensa que os visitantes, e levados da man de Pouse fanse coa vitoria final. Tivo as súas oportunidades o Santo Domingo, que chegou a estar 3 arriba a falta de 2 minutos, pero un triplo a táboa de Pose e as malas decisións en ataque acabaron sentenciándoos.