O Santo Domingo cae ante o Estudiantes no Carregal

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

Por 75 a 80 caeu na casa o Santo Domingo ante o filial do Breogán. Nun partido con boa entrada no municipal, o Estudantes de Lugo chegaba con More Niang e Titas c como atractivos dun novo persoal que xoga a marcadores amplos a raíz dun xogo rápido con moitos tiros en transición e moito xogo xerado en 1×1. Por outro, o debut en casa da incorporación local, Thomas Cooper.

Empezou o partido por baixo do prometido, sen ritmo e sen acerto, só o feito de que os ataques impuxésense á defensas deixar ver algún punto durante os primeiros minutos. Os de casa se entonan arriba, pero seguen problemas detrás para parar a More Niang, que anotaba xerando en 1×1 ou de rebote de ataque. O cuarto péchase 20-22 para os lucenses.

Durante o segundo cuarto, os problemas de faltas asedian a Estudantes, que cun quinteto pequeno aumente o acerto exterior (7 de 14 na primeira parte). Os locais trataban de manterse no marcador con puntos desde a pintura, pero o desacerto exterior facíalles perder claramente o parcial 20-27 para chegar 9 abaixo ao descanso.

Fréase a anotación tralo paso por vestuarios. Os de Lugo empezan a ver o aro máis pequeno desde fóra, e ante o desacerto local desde máis aló de 6’75 empezan a pechar a zona (e o aro en xeral), More Niang fai un tapón a un triplo de Rozas antes de que chegue ao aro, acción que o equipo arbitral dá como válida. Equipo arbitral que tamén para o partido durante un lanzamento de Rozas que acaba dentro para atender a un a un xogador rival, e pita unha antideportiva a Thiam nunha acción xa feita por More na primeira parte e sancionada con falta. Co xogo atrancado e anotando aos tombos o parcial péchase 11-15 e deixa o partido pendente de case un milagre para os betanceiros.

E non lle faltou moito aos locais para facelo. Un fenomenal último cuarto, cos locais defendendo mais colectivamente e moito máis metido que os 30 primeiros minutos, chegan a poñerse a 3 puntos a falta dun minuto, habendo ter antes accións para recortar aínda máis o marcador, non sendo posible pola precipitación ou o desacerto. Non houbo sorte para os brancos, e na ruleta de tiros libres Lugo lévase o partido 75-80.