O Betanzos golea ao Val

Un encontro do Betanzos como local

Tres puntos máis que permiten manter a situación da cabeza da táboa tal e como estaba. O esforzo do Betanzos goleando o pasado domingo ao Val non ten máis recompensa que esa, porque toda a cabeceira puntuou e os brigantinos seguen tendo tres puntos menos que o terceiro clasificado.

Os locais inauguraron a conta goleadora transcorrido o primeiro cuarto de hora de xogo e só a pecharon a cinco minutos do tempo regulamentario. Os de O Val, novenos, estiveron por baixo do conxunto local todo o encontro.