Luís Conde e José Manuel Nogueira gañan o hándicap na liga galega de parellas en Pitch & Putt

O campo do clube de golf de Paderne

O domingo 3 de febreiro deu comezo a primeira edición da Liga Galega de Parellas de Pitch&Putt, que se compón de cinco probas puntuables, a celebrar nos meses de febreiro e marzo, disputadas baixo a modalidade 18 furados parellas fourball Stroke Play Scratch e Hándicap.

Nesta primeira proba destacou a alta participación, dando mostra da boa acolliata desta nova liga por parte dos xogadores, contando con 46 parellas inscritas, procedentes de toda a xeografía galega. A parella ganadora scratch da proba foi a composta polo xogador local Marcos Gómez Domínguez e o golfista do C.G. Val De Rois Jacobo Carollo Vila, que finalizaron a competición con 46 golpes. En segunda posición clasificouse o combinado formado polo xogador local Simón Daniel Varela Novoa e Miguel Anxo Vázquez Becerra, do C.G. Val de Rois, con 48 golpes.

En canto aos vencedores hándicap, foron Luís Conde Gila e José Manuel Nogueira Naveira, ambos pertencentes ao C.G. Paderne, cun resultado final de 40 golpes netos. No segundo posto finalizaron os golfistas locais Marcos Janeiro Rei e Jacobo Agrelo Tubio, con 43 golpes netos.