Levantan o primeiro salmón do Mandeo

Unha vista do couto de pesca de Chelo

É unha alegría para o afortunado pescador que o levantou, pero tamén un motivo de esperanza para o resto de afeccionados que se citan no Mandeo. O pasado domingo nas inmediacións de Chelo, Maximino Rey Otero sacaba o “ campanu”,un salmón plateado de 4,100 kg. Este experimentado pescador xa levantara hai dous anos o terceiro ou cuarto da tempada.

Había expectación no río, pois o pasado ano o baixo caudal fixo que o cupo de cinco salmóns permitidos no Mandeo quedara sen estrear. Este ano o río baixa máis crecido, pero a tempada superara tamén o ecuador sen ningunha pesca rexistrada.