O junior do Ría de Betanzos Iván Fernández busca patrocinios para ir ao Campionato do Mundo

Iván competindo

O palista junior do Ría de Betanzos, Iván Fernández Freire, atópase concentrado coa selección española de piragüismo en Trasona (Asturias) para preparar, con outros dous galegos máis e un asturiano, o K4 que competirá no Mundial Junior e SUB23 que se celebrará entre o 26 e o 29 de xullo en Plovdiv (Bulgaria).

Iván atópase moi ilusionado con esta a súa segunda experiencia internacional logo da súa participación no europeo do ano pasado.Debido ás poucas axudas que hai neste deporte, Iván busca un apoio económico que lle poida axudar a sufragarse os gastos da viaxe para poder participar no Campionato do Mundo.