O Innova Chef zamorano lévase a victoria do Carregal

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

Por 90 a 97 o conxunto zamorano do Innova Chef levouse unha victoria do Carregal que os deixa como segundos de grupo. O encontro partiuse no segundo cuarto, onde os zamoranos conseguiron unha vantaxe que souberon administrar para o resto do encontro, manténdose por diante dos galegos.

De nada serviu aos locais pechar o primeiro cuarto cunha vantaxe de 23-20 ao seu favor, logo dun despregue do equipo betanceiro. No segundo cuarto os  visitantes marcaron o seu ritmo, impoñéndose en todos os aspectos, ofensivos e defensivos deixando só ao Santo Domingo facer 11 puntos no parcial, fronte aos 26 do Virgen de la Concha.

A diferencia ao descanso, 34-46, recurtouse no terceiro cuarto, onde o conxunto local logrou recurtar distancias rematándoo con só tres puntos por baixo (63-66) tras un alarde de xogo defensivo. Os visitantes foron conservadores, mantendo distancia e deixando para o último cuarto o golpe final, ata deixar o eletrónico no 90-97 que lle dá a vitoria aos zamoranos.