Dous padexeiros do Ría de Betanzos irán á seleción

Carlos Arévalo regresou á alta competición cun segundo posto en K1 200, que lle dá a clasificación para a proba da Copa do Mundo que se disputará en Szeged (Hungría) dentro de dúas semanas.

Arévalo retrasou este ano a súa preparación. Non empezou ata febreiro, unha vez acabado o seu período de instrucción no Exército. Na fin de semana, Carlos Arévalo confirmou o seu bo estado de forma ao gañar tamén a medalla de ouro no K1 200 da Copa de España. Ambas competicións disputaronse no encoro asturiano de Trasona.
Pola súa banda, o junior de segundo ano Iván Fernández está a un paso de confirmar a sua presenza no mundial da categoría. Tras a súa prestación esta fin de semana en Asturias, Iván entra de cheo nas combinacións para formar parte do K2 1.000 e do K4 500 para o Campionato do Mundo junior, que se celebrará no mes de xullo na localidade búlgara de Plovdiv. Na Copa de España, Iván Fernández gañou tres pratas e un ouro, este último no K2 200 xunto a Kevin García, padexeiro tamén do Club Ría de Betanzos