Derrota do Santo Domingo fronte ao Chantada

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

Peor inicio de encontro imposible para o Santo, que tiña problemas para organizar o seu quencemento, saíndo frío e pouco conectado ante un potente rival que aproveitaba esta situación para dominar o encontro desde o rebote ofensivo, nun primeiro cuarto onde os chantadinos era donos das segundas opcións, grazas especialmente á presenza de Solarin, mellor reboteador da liga EBA.

17 rebotes contra 8 condicionaban uns primeiros dez minutos nos que o Santo apenas acertaba no tiro, mentres que os locais, escapábanse grazas aos puntos que viñan do rebote. Aínda por riba, as rápidas faltas de Abdou Thiam mandaban ao interior senegalés ao banquiño de forma prematura (17-8 min 10).

Festival anotador do conxunto de Alberto Fafián no segundo cuarto. Cómodos no seu xogo grazas ás vantaxes das que dispoñían, que roldaban os dez puntos, atopaban o acerto desde o triplo que non habían ter no primeiro cuarto, liderados por Knowles e Pernas.

Mentres, o Santo, aínda que crecía no apartado ofensivo da man dun inspirado Will Pereiro, vía como as diferenzas seguían en aumento ata superar a veintena de desventaja, tras encaixar dous novos triplos dos exteriores locais (48-27 min 20).

Se rehacía o conxunto betanceiro tralo paso por vestuarios, e malia empezar o cuarto con perda e canastra fácil para os locais, que lles levaba a alcanzar a súa máxima renda (50-27 min 21), crecían desde a defensa, e desde a importante achega de Thiam, que volvía a pista para sumar sete puntos consecutivos e obrigar ao tempo morto local (50-34 min 22).

Os de casa non permitían que a reacción do conxunto de Diego Fernández fóra a máis, respondendo tanto desde o perímetro como desde o interior, con grandes minutos de Solarin, ante as acometidas visitantes, que moito máis soltos e colectivos en ataque seguían atopando puntos na pintura (75-55 min 30).

Malia a diferenza, o Santo seguía sen renderse, e cun parcial 0-9 liderado por Amir Valcarcel, situábanse a 13 puntos, con moitos minutos por diante (77-64 min 34).

De novo escapada local con dous triplos, respondidos por outro novo de Amir, e loita do Santo ata os instantes finais, intentando rebaixar a diferenza a menos de dez puntos e competir polo partido. O oficio local impedía que isto sucedese, terminando o partido con triunfo xusto para os chantadinos (90-75 min 40).

Próxima xornada, contra o CB Culleredo

O Santo, na zona templada da clasificación (12-11), buscará un novo triunfo en casa ante o CB Culleredo (8-15), recientemente reforzado co exterior Burnett e interior Murphy (ex VGO Basket).

Nunha tempada na que ata o 10º clasificado podería perder a categoría por arrastres, o conxunto bentanceiro necesita seguir sumando para selar canto antes a permanencia na liga EBA, e para manterse na pelexa por acabar o máis arriba posible na táboa clasificatoria.