O Clube Ciclista pecha a tempada cunha marcha a Espenuca

Ciclistas ante o Pasatempo. Foto do Club Ciclista

O Clube Ciclista Betanzos celebrou a pasada fin de semana unha festa como peche de tempada no que participaron todos os integrantes da entidade. O evento consistiu nunha ruta cicloturista desde o centro de Betanzos ata o miradoiro de Espenuca, pasando polo couto de Chelo. A entidade celebrou esta xornada de confraternización como broche á tempada que ven de rematar, quentando xa motores cara o vindeiro curso.