O Campionato Galego de Rogaine desputarase en Betanzos

Un corredor polo Bocelo. Imaxe do CA Broza do Bosque

O 17 de novembro desputarase en Betanzos o Campionato Galego de Rogaine, na modalidade de orientación escore (elección libre de balizas) a tempo fixo  (6 e 3 horas) en equipos de 2 a 5 persoas.

O rogaining é unha actividade a medio camiño entre as carreiras de montaña, os raids e as carreiras de orientación, que naceu en Australia fai máis de trinta anos. Son carreiras de longa distancia en montaña, cunha duración máxima de 24 horas, pero con variantes máis curtas. A orientación non é o factor máis importante xa que o traballo en equipo, a planificación estratéxica do trazado, a resistencia, o saber desenvolverse na natureza, son as capacidades máis determinantes dos rogainers.

Os rogainers de todo tipo de categorías e niveis deberán pasar polo máximo número de balizas que poidan, puntuadas diferente segundo dificultade e distancia. O mapa elabórase específicamente para a proba, seguindo as normas da International Rogaining Federation.

O rogaining adoita ser unha competición de día e noite, con equipos de entre dous e cinco membros, que navegarán a pé, coas únicas axudas de mapa e compás. Nun campo basee central, a organización pon a disposición dos participantes comida quente e bebidas, así os participantes poden regresar para repoñer forzas, cambiarse de roupa, e descansar antes de seguir coa competición.