Cae con contundencia o Troula en Cee

Un momento dun partido do Troula

Dura derrota do Troula FS na súa visita á Costa da Morte para medirse ao Villa de Cee. Os betanceiros conseguiron remontar os catro tantos de vantaxe que lograron os locais, restablecendo as táboas iniciais.

Pero os ceenses non estaban dispostos a deixarse vencer no seu feudo e aínda endosaron dous goles máis, establecendo un severo 6-4 final.