O Betanzos vence comodamente ao Sporting Ciudad

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Por tres a cero, nun partido que controlou desde o primeiro momento e no que apenas tivo sustos, o Betanzos C.F. sumou tres puntos a pasada fin de semana no García Irmáns. A visita do Sporting Ciudad foi un trámite que os xogadores betanceiros encarreiraron nos primeiros minutos do partido xa.

Cos tres puntos sumados o Betanzos sitúase cuarto, con 21 puntos. A vindeira fin de semana enfróntase precisamente ao terceiro clasificado, o Narón, que suma un punto máis.