O Betanzos vence ao Sofán e aférrase á zona templada da táboa

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Viña o Sofán ao García Irmáns decidido a levarse os tres puntos diante dun rival a priori inferior. Tal vez foi ese exceso de confianza ou esa man que ten o Betanzos esta tempada para gañarlle aos equipos da zona alta e complicarse cos da súa liga, pero o certo é que o conxunto local amosouse superior.

Adiantáronse os betanceiros no minuto 40 e souberon administrar esa vantanxe e os esforzos para reter aos bergantiñáns e ir ampliando sucesivamente a diferenza sobre eles, a dous a cero no 60 e o definitivo tres cero no 75. Coa victoria sobre os bergantiñáns o Betanzos vai de 13 con 39.

A vindeira semana haberá derby en Abegondo, a onde o Betanzos irá a medirse ao San Tirso.