O Betanzos vence ao Imperátor e colócase de quinto

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Un contundente tres a cero endosoulle o Betanzos C.F. ao Imperátor na súa visita ao García Irmáns. O conxunto betanceiro suma con estes tres puntos xa dezasete e sitúase como quinto clasificado.

Ofreceu mellor cara o conxunto brigantino, adiantándose á media hora de xogo e administrando balón e tempos diante da súa afección. Os outros dous goles chegaron tras a reanudación, na que o conxunto local seguiu impoñendo o seu ritmo de xogo.