O Betanzos vence ao Carral e aférrase ao quinto posto

Un encontro do Betanzos como local

Partido sen complicacións para o Betanzos esta fin de semana no García Irmáns. Os locais impuxéronse comodamenta ao conxunto carrelés, nun encontro que dominaron desde o primeiro instante e no que o equipo visitante apenas creou perigo.

Os betanceiros inauguraron o marcador ao cuarto de hora de xogo e estableceron o definitivo 2 a 0 dez minutos máis tarde. A partir de aí baixaron o ritmo ao encontro, dosificando esforzos e controlando o esférico para evitar percances.

Cos tres puntos obtidos, o Betanzos suma 24 e mantén a quinta posición na táboa.