O Betanzos ve escapar a victoria en Maniños tras dominar o encontro

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Cun penalti no tempo de desconto o Betanzos viu esvaerse tres puntos e unha victoria na súa visita desta fin de semana a Maniños, nun encontro que tivo de cara desde que se adiantou no minuto 20.

Os visitantes callaron unha boa primeira parte, na que controlaron o xogo e se adiantaron no marcador. A renda ampliárona ao pouco da reanudación, nunha segunda parte máis gris na que o conxunto local recurtou distancias antes de que o colexiado sinalase pena máxima co tempo xa cumprido.

O resultado, empate a 2 goles, deixa ao conxunto do Carregal con 18 puntos, na quinta posición.