O Betanzos trae un punto do seu encontro ante o Val

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Acabou bastante ben a cousa o pasado domingo para o Betanzos a xulgar a como empezara o partido no campo de Sinde, en Narón, a onde os betanceiros foron para enfrontarse á S.D. O Val.

O conxunto local marcou o seu solitario gol aos dez minutos de se iniciar o partido, cun resultado que soubo administrar e que mantivo ata entrada a segunda parte. Tras o paso polo vestiario o equipo visitante subiu en intensidade, restablecendo a igualada inicial no 50 de xogo.

Ambos equipos tuteáronse, con algunha outra ocasión marrada, mais os betanceiros souberon amarrar o punto nun campo complicado, que deixa de terceiros aos naroneses e de cuartos aos betanceiros.