O Betanzos suma tres puntos ante o Arzúa

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Dánselle ben ao Betanzos este ano os equipos que ocupan postos máis altos da táboa. Esta pasada fin de semana, no García Irmáns, o conxunto local obtivo unha victoria pola mínima que lle dá tres puntos de ouro para escalar posicións á zona templada da táboa. O Arzúa, que marcha oitavo, deu un traspés no campo brigantino, onde a escuadra local soubo defender o resultado para arañar tres puntos que a colocan de 13 cando van 30 xornadas de campionato e xa se intúe o final da campaña.