O Betanzos reforza a defensa coa incorporación de Martín da Lama

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

O Betanzos reforzará a liña defensiva coa incorporación de Martín Da Lama, un xogador formado nas categorías inferiores do clube que esta última tempada militou no Racing de Ferrol xuvenil en Liga Nacional e co que logrou ascender a División de Honor.

Esta é unha das últimas incorporaciones dos rojillos de cara a afrontar con garantías a competición en Primeira Galicia. O vindeiro compromiso do clube será os dezaseisavos da Copa Deputación, ante o Paiosaco, hoxe ás 20:30 no campo do Roxo de Cerceda.