O Betanzos reaxe e imponse ao cuarto clasificado, o Olímpico

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

O Betanzos reaxiu e amosou mellor imaxe esta fin de semana na súa visita a Rutis para medirse ao Olímpico,que mantén os seus 16 puntos e marcha cuarto tras non puntuar esta fin de semana.

Cando se achegaba o final do partido e parecía que o partido non se movía apareceu Alvaro para poñer o 0-1 e dar vantaxe ao seu equipo. Xa no tempo de prolongación Kevin era o encargado de marcar o 0-2 e pechar así unha vitoria para o seu equipo lonxe do seu campo.

Os rojillos suman así 14 puntos e escalan un par de posicións na táboa.