O Betanzos principiará a liga en Ortigueira

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Na tarde de onte celebrouse o sorteo do calendario de Primeira Galicia grupo un, onde vai participar o Betanzos CF na tempada 2018/2019. O sorteo deparou que o primeiro partido do conxunto rojillo vaia ser en Ortigueira a primeira semana de setembro, mentres que a estrea como local será a segunda fin de semana diante do Vitoria CF.