O Betanzos perfila a plantilla para o retorno a Preferente

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

O Betanzos C.F. confirmou que do cadro de xogadores da pasada campaña renovou a Josu, Alberto Taín, David Carneiro, Andrés, Miguel Igrexas, Mon, Ivan Patiño e Rebolo. A eles sumaranse varios reforzos realizados nas últimas datas.

Por unha banda, desde o Atletico San Pedro, que viña militando en primeira Galicia, pechou a fichaxe de Kevin Andrés, que ocupa a demarcación da lateral esquerdo e na presente tempada co seu antigo club mollo un total de 30 partidos chegando a anotar dous tantos, e  Javi, porteiro de 25 anos e titular indiscutible no seu anterior equipo.

Procedente da AD Miño recalará no Carregal o betanceiro Javi “Arume”, que reforzará o reforzar lateral dereito. Do Paiosaco incorporarase Tabu, un medio. Finalmente, Abdu, provinte do Breixo Lema, é un xogador polivalente que vén reforzar a parcela do medio campo e tamén de central.