O Betanzos perde o primeiro partido como local ante o Victoria

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

A estrea como local na presente campaña non puido ser peor para o Betanzos. Cun xugador menos a causa dunha expulsión no minuto 40 de xogo, o conxunto brigantino deixou escapar os tres puntos do municipal García Irmáns.

Máis de medio partido cun xogador menos sobre o terreo de xogo foi un desgaste imposible de superar para o conxunto local, que vía como o equipo visitante, o coruñés Victoria, levaba os puntos en xogo. E iso que os betanceiros conseguiron recurtar distancia no marcador no minuto 61, pero sen ameazar en ningún momento a renda visitante.

O conxunto suma unha victoria e unha derrota no que vai de liga.