O Betanzos perde ante o As Pontes, que se cola na poxa polo ascenso

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

O As Pontes demostrou por que é terceiro na liga a costa do Betanzos. Dous tantos endosou o conxunto visitante ao inquilino do García Irmáns, nun encontro de dominio alterno a primeira media hora de xogo, no que o conxunto visitante foi indo a máis co paso dos minutos ata facerse co control do encontro. Os locais resistíanse e revolvíanse e conseguiron manter a igualada inicial ata o paso polos vestiarios.

A segunda parte xa foi totalmente para o conxunto pontés, que aínda non transcorridos dez minutos desde a reanudación abría o marcador. Dez minutos despois ampliaban ata o definitivo cero a dous a conta, que aínda puido ir a máis debido a varios disparos errados que pasaron moi cerca da porta local. O Betanzos non deixou de buscar o gol que abrise porta á remontada, pero con máis corazón que cabeza.

Co resultado o Betanzos C.F. queda decimocuarto con 39 puntos.