O Betanzos non puido co Ordes e complícase a tempada

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

O Betanzos visitaba o campo ordense de Vista Alegre co obxectivo de facerse cos tres puntos e pechar definitivamente calquera atisbo de poder caer na parte baixa da táboa. Pero un gol dun xuvenil do equipo local trastocou os plans do conxunto rojillo, que xa daba por bo o reparto de puntos inicial, a un minuto de vencer o tempo regulamentario.

Nun partido con poucas ocasións e no que os locais fallaron un penalti, os dous equipos pareceron conformarse co resultado inicial practicando un xogo trabado e denso. Só tras a reanudación o equipo local puxo algo máis de empuxe e finalmente, a un minuto do final, marcaron o solitario gol que complica agora a situación do Betanzos, que marcha 17, un posto por riba do descenso e empatado a puntos co terceiro pola cola, o Dumbría.