O Betanzos imponse ao Sporting Sada no derbi das Mariñas

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Vitoria importante do Betanzos na súa casa no derbi mariñán desputado a pasada semana contra o Sporting Sada disputado no García Irmáns. Foi un partido dominado de principio a fin polos betanceiros, que no segundo acto relaxáronse bastante e non conseguiron enlazar boas xogadas ante un Sada que só era capaz de defenderse e saír timidamente nalgunha contra sen moito perigo.

Os dous goles marcados dan ao Betanzos un total de 11 puntos, marchando actualmente na terceira posición da táboa.