O BEtanzos firma táboas en Ribadeo

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Dáselle mellor xogar contra os equipos da zona alta da táboa que contra os seus rivais directos neste treito final de liga ao Betanzos. O pasado domingo o conxunto rojillo desprazouse á Mariña lucense para batirse co Ribadeo, que marcha cuarto na clasificación e trata de colarse no ascenso a Terceira.

No Pepe Barrera de Ribadeo xogouse un encontro aberto, con ambos os equipos conscientes do que se xogaba. Un encontro que foi gañando intensidade aos poucos no primeiro tempo, pero no que ningún conxunto parecía querer arriscar máis da conta.

Con táboas comezou e con táboas chegou ao descanso, logo de que no minuto 32 os ribadenses restablecesen a igualada que un madrugador gol betanceiro truncara. Tras o paso por vestiarios, o mesmo, ocasións alternas, pouca pólvora, pouco risco. O Betanzos tróuxose un punto cando todo o mundo contaba con victoria local.

O puntiño xogado afianza aos betanceiros no posto 15, cunha boa renda sobre os postos de descenso xa. A vindeira xornada recibirá ao Arzua, oitavo.