O Betanzos firma o empate ante o líder, que perde a praza

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Táboas a dous tantos asinou o Betanzos C.F. da súa visita á Laracha para medirse ao Paiosaco. O conxunto rojillo, que ten dificultades para batirse cos equipos da “súa” liga, plantou cara ao que desde esta fin de semana é segundo clasificado tuteándoo no encontro. O Polvorín, que ía segundo, non afrouxou e levantoulle o liderato aos laracheses.

Os locais saíron a polo encontro, teoricamente asequible, e puxéronse por diante no marcador cando ían aproximadamente dez minutos de xogo. Lonxe de se vir abaixo, os betanceiros tiraron de oficio e conseguiron o impredecible: darlle volta ao marcador e irse ao descanso cun 1-2 que estaban dispostos a defender como fose.

Tras a reanudación o conxunto local saíu en tromba insistindo no ataque ata restablecer as táboas no 55 cun penalti. Os da localidade feiral non deixaron de apretar pero o meta garelo salvou varios goles cantados.

Obviamente o resultado insufla un plus de optimismo ao conxunto betanceiro para enfrontar a fase final da competición co obxectivo claro de manter, cando menos, o posto actual na clasificación que evita o descenso.