O Betanzos feminino cae ante o Burgo e despídese da Copa Deputación

Un partido do Betanzos C.F. feminino. Imaxe do clube

O equipo feminino do Betanzos finalizou a súa andadura na Copa Deputación 2018 tras perder no campo do Burgo 2-1. Na primeira parte foi un partido con pouco ritmo debido ás altas temperaturas e o cansazo acumulado a estas alturas de pretempada. Era o Betanzos o equipo que tiña o dominio de balón, pero non conseguía facer dano ás locais, que defendían moi serias, asi que co resultado inicial chegábase ao descanso.

Na segunda parte o Betanzos adiantábase cun gol de Carlota e parecía que dominaba máis o partido con moitas ocasións de gol. Un despiste en ataque que acaba cunha contra e un gol do Burgo restablecía as táboas iniciais no marcador. A poucos minutos de acabar o partido unha xogada a balón parado aproveitábaa o equipo local para marcar o 2-1 e así poder conseguir a vitoria.