O Betanzos descende a Primeira Autonómica

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

A victoria no García Irmáns do pasado domingo por 3-2 ante o Atletico Arteixo e os 44 puntos acumulados na tempada, traducidos na 17ª posición da táboa, non serviu ao Betanzos para salvarse do descenso, co que estivo flirteando boa parte da tempada. O partido deixou bo sabor de boca, mais os arrastres dos descensos de Terceira fixeron que o conxunto betanceiro descenda malia ter asegurado, nun principio, a permanencia.

O equipo desdende a Primeira Autonómica, desde onde tentará retornar a Rexional Preferente. O retorno a Terceira do clube semella unha quimera para unha entidade que se colou varias veces mesmo na fase de ascenso a Segunda B.