O Betanzos cae unha posición tras perder co San Tirso

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

O Betanzos cae unha posición tras perder co San Tirso, o seu máis inmediato perseguidor na taboa. O encontro, que se celebrou no campo do Monte en San Tirso, Abegondo, o domingo 22 de abril ás 17 h. da tarde caracterizouse por ocasións alternas para os dous equipos. O resultado final foi de dous cero para o equipo de Abegondo.