O Betanzos cae na casa ante o Viveiro

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Non puido o temporal co partido a desputarse no García Irmáns, aínda que visto o resultado igual ao Betanzos lle tería prestado. Por un a dous caeu o conxunto local ante o Viveiro C.F. no encontro da xornada 28 de Preferente, grupo Norte. A xornada rexistrou varios aprazamentos a causa da virulencia da tormenta Félix.

Os betanceiros controlaron a primeira parte do encontro e Mon adiantounos cando ía media hora de xogo. Sen embargo, os viveirenses non cesaron de tentar a porta local e a tres minutos do tempo regulamentario para o descanso restableceron a igualada inicial.

Tras unha segunda parte de alternancia no dominio, sobre a bocina os visitantes conseguiron o tanto que lles vale tres puntos. O partido foi trabado e o colexiado repartiu un recital de cartóns amarelos, catro para cada conxunto. O resultado deixa ao Betanzos de 15 clasificado.