O Betanzos cae ante o Narón, rival directo

Un encontro do Betanzos como local

O Betanzos colleitou unha derrota no seu desprazamento a Narón a pasada fin de semana para batirse ao conxunto local. Os naroneses, que ocupan unha praza por diante na clasificación.

Os visitantes non estiveron cómodos nun encontro que dominou o conxunto local e que xa tiña de cara antes de facerse a primeira media hora de xogo.

Tras o descanso os naroneses ampliaron a vantaxe, que recurtaron os visitantes entrando xa no cuarto de hora final. Nese último intre, os betanceiros aínda puideron empatar o encontro. O resultado deixa ao Betanzos a máis distancia da cabeceira, actualmente quinto clasificado, co Carral de cuarto que se acaba de colar esta fin de semana.